Thursday 16 de May de 2024

O Concello colabora co Goberno de Costa Rica nun programa de intercambio de experiencias sobre o desenvolvemento urbano


 

O Goberno local participou nunha comisión formada por representantes españois e costarriqueños de cara a fortalecer o transporte público do país

O Concello participou na Misión de Cooperación Técnica en Costa Rica, onde colaborou na implementación de políticas intermunicipais de desenvolvemento urbano. A actividade, que se enmarcou dentro da Comisión Mixta Hispano-Costarricense de Cooperación 2015-2019, responde a unha programación bianual de colaboración 2018-2019, destinada a reforzar as capacidades individuais e organizativas por medio da oferta de servizos de expertos, formación e posibilidades de aprendizaxe relacionadas.

Así mesmo, céntrase na provisión de know-how en forma de persoal, formación, investigación, consultoría e calquera tipo de apoio técnico que contribúa á consecución de avances no desenvolvemento dos países socios a través de misións, consultorías, asistencias técnicas de expertas e expertos españois de institucións públicas, da sociedade civil ou do sector privado empresarial; e en visitas de funcionarias/os ou directivos de institucións públicas dos países socios a España.

Entre os obxectivos que se pretenden conseguir está o intercambio de experiencias entre España e Costa Rica dentro do ámbito de “Cidades sostibles”, de cara a fortalecer as políticas para a descarbonización da economía costarriqueña e que esas ideas deriven en proxectos concretos como o do tren eléctrico interurbano ou o

tren rápido de pasaxeiros (TRP) da Gran Área Metropolitana (GAM), que fagan do transporte público unha opción atractiva e eficiente. Deste xeito, José M. Peña Penabad, en representación do Concello, achegou xunto a voceiros e voceiras doutras institucións, proxectos similares levados a cabo en España e analizaron a contribución das infraestruturas ao desenvolvemento económico e social.

A misión, que se realizou do 19 ao 22 de novembro, incluíu a participación do Concello nunha Mesa Técnica Intermunicipal, en formato obradoiro, sobre o desenvolvemento urbano orientado ao transporte da área de influencia do TRP; visitas de campo a algunhas das municipalidades para coñecelas in situ e intercambiar coñecementos cos equipos municipais sobre o desenvolvemento urbano orientado ao transporte e á planificación intermunicipal, ademais da elaboración dunha folla de ruta para darlle continuade a esta cooperación técnica.